Hoxe recomendamos: Maus

¿Sabías que na biblioteca contamos cunha sección dedicada ao cómic e á novela gráfica?

Entre outros títulos emblemáticos deste xénero, atopamos Maus, unha novela gráfica escrita e debuxada por Art Spiegelman, gañadora do prestixioso premio Pulitzer.

Trátase dunha verdadeira xoia que conta o Holocausto a través da historia real do pai do autor, un xudeu polaco, supervivente do campo de concentración de Auschwitz.

Unha historia desgarradora e impactante, que atrapa ao lector desde o principio. Conta as desconfianzas, traizóns, os campos de concentración, a barbarie, todo isto unido ás reflexións sobre o que foi necesario para sobrevivir dun supervivente do maior centro de exterminio do nazismo.

Se che gusta a novela gráfica ou se aínda non te atreviches con este tipo de xénero, non deixes de ler Maus, de seguro, non te deixará indiferente.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO