O Principiño

Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas:

«Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.»

«Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).»

«Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.»

«As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.»

«Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu pai?" Pensan que soamente así o poden coñecer.»

Se aínda non tiveches o pracer de ler esta magnífica obra, non tardes! Achégate á biblioteca a por ela.




Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO