V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


XA ESTÁ AQUÍ O V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR DO IES DE TEIS.

 

Un ano máis, o Departamento de lingua Castelá e literatura, en colaboración coas responsables da Biblioteca e do Proxecto lector, convocan o CONCURSO DE CARTAS DE AMOR. 

 

Prestade atención porque este ano ven con algunhas novidades.

 

O concurso consistirá en escribir un texto de amor (carta, poema, caligrama, poema visual...) que conteña obligatoriamente as seguintes  10 palabras:

MELIFLUO

AFLIGIR

SORTILEGIO

REMEMORAR

EVITERNO

ERRANTE

SERENDIPIA

INCAUTO

INMARCESIBLE

CAUTIVO 

 

 Este ano NON haberá palabras prohibidas.

 

Pode participar calquera membro da comunidade do IES: alumnado, profesorado e persoal non docente.

 Estableceranse tres categorías e o mellor texto de cada unha recibirá un premio.

 

  • Categoría A: 1º CICLO DA ESO, PMAR E PCPI.
  • Categoría B: 2º CICLO DA ESO, BACHARELATO E FP (medio e superior)
  • Categoría C: persoal docente e non docente. 
 
 O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 22 DE FEBREIRO.
 OS TEXTOS DEIXARANSE NUNHA URNA HABILITADA PARA TAL FIN NA BIBLIOTECA DO INSTITUTO.
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear