CONCURSO: A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA.

 

 

Xa fai días que vos anunciamos que se viña cocendo un concurso. Pois aquí o tedes: BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA.

Pensamos que toda biblioteca que se precie ten que ter unha mascota e eso é o único que lle falta á nosa. Por eso, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas decidimos convocar este concurso.

Teredes que inventar o aspecto e a biografía da mascota, polo tanto, haberá que enviar un debuxo e un texto.


ATENTOS AS BASES:

1.- PARTICIPANTES: pode participar todo o alumnado do IES de TEIS.
2.- FORMATO: os debuxos poderán presentarse en papel tamaño DINA 4 ou vía mail en formato JPG. O texto poderase presentar manuscrito con letra lexible ou vía mail en formato PDF. Ambos deberán ir firmados co voso nome completo e o curso no que estades.
3.-  NÚMERO DE DEBUXOS QUE SE PODEN PRESENTAR: cada participante poderá presentar un máximo de tres propostas.
4.- TÉCNICA UTILIZADA: poderase utilizar calquera técnica para a creación da mascota.
5.- DATA LÍMITE PARA PRESENTAR OS TRABALLOS: os traballos teranse que entregar antes do día 17 de decembro.
6.- ONDE E COMO PRESENTALOS: os debuxos e textos en papel deixaranse nunha caixa na biblioteca habilitada para tal fin. Os debuxos en formato JPG enviaranse á seguinte dirección biblioteis@gmail.com 
7.- FALLO DO XURADO: ó longo do mes de xaneiro os responsables da biblioteca e do proxecto lector darán a coñecer ó gañador mediante unha entrada bo blog. 
8.- O PREMIO PODE DECLARARSE DESERTO SI O XURADO CONSIDERA QUE A CALIDADE DOS TRABALLOS NON É SUFICIENTE.
9.- PREMIO: o gañador recibirá un agasallo. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear