Visita o noso centro a escritora Fina Casalderrey

O día 3 de abril as 12:00h visitanos a escritora Fina Casalderrey para ofrecernos unha pequena charla sobre  Lecturas para mozos e mozas



Fina Casalderrey (nada en Xeve, provincia de Pontevedra,  en 1951) é unha persoa polifacética: escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista. Foi premiada en distintas ocasións pola súa obra literaria e traducida a todas as linguas de España.
É a autora de títulos coñecidos como: Mutacións xenéticas (1991), ¡Asústate, Merche! (1994), ¡Prohibido casar, papá! (1996), etc... Todos eles no marco da literatura infantil e xuvenil.
Ademáis é membro dende novembro de 2013 da RAG.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO