DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.






É unha pena ter que dedicarlle un día  a semellante cousa, todos os días deberíamos lembrar esta lacra da sociedade, ou mellor, non a deberíamos lembrar nunca… si a violencia contra a muller non existise.
Na nosas mans está acabar con esta problemática; nas vosas, alumnos e alumnas de Teis, que sodes o noso futuro!
O Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller (DIEVCM) celébrase dende 1999 en lembranza das irmáns Mirabal.
Patria, Dedé, Minerva e María Teresa foron catro irmáns dominicanas, activistas políticas e inegrantes da resistencia á dictadura de Trujillo. En 1960 tres delas foron asesinadas pola policía secreta de Trujillo. A partir dese momento convertíronse en símbolo da resistencia tanto popular como feminista.

Debe entenderse por violencia contra a muller cualquer acción ou conducta, basada no seu xénero, que cause morte, dano ou sufrimento á muller, tanto no  ámbito público como no privado.

Invitámosvos a reflexionar sobre este tema.

ACTIVIDADE:
Escoitade as cancións que aquí vos presentamos e despois organizade un debate na clase sobre o que se di nelas. Podedes centrarvos só nun tema ou en varios. Tamén podedes facer o traballo de maneira individual, en pequenos grupos ou todo o grupo clase. O voso titor/a daravos as letras das cancións.

LEMBRADE: A VIOLENCIA NON É A SOLUCIÓN A NADA.

Comentarios

Lara Cid Iglesias ha dicho que…
Me gustan las canciones, tienen unas letras bonitas.

Entradas populares de este blog

Aprender a crear

A frase do mes