A frase do mes

O 17 de Maio, como xa sabedes, celebramos o Día das Letras Galegas, xornada instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da nosa lingua.

Este ano, adícase a Valentín Paz Andrade, persoa de traxectoria moi diversa: ensaista, poeta, xornalista, xurista, político..., polo seu compromiso co país en diferentes ámbitos.


Eleximos os versos finais do poema "As úberes do medo", da súa obra "Sementeira do vento",  e volos achegamos como frase do mes.




Como sempre, vos convidamos a pensar sobre ela e a compartir connosco as vosas reflexións.



Comentarios

Olguiita_ ha dicho que…
ten toda a razón as vivencias duras ,e os paus que nos da a vida fainos mas fortes , aprender deles ,e valorar.
David landin ha dicho que…
creo que quere decir que como naquela época non se falaba galego por que estaba prohibido.A xente que o falaba se lle trataba mal coma se fose un ignorante

Entradas populares de este blog

A frase do mes

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO

Aprender a crear