Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

DÍA DA PAZ.

Imagen
Hoxe, 30 de Xaneiro, conmemórase o Día da Paz.  Esperamos que o contido do vídeo vos faga reflexionar sobre a importancia que ten e que debe ter a PAZ en todos os aspectos da nosa vida. ¿Que pensas ti sobre a Paz?  Déixanos o teu comentario.

I Concurso Internacional de Cartas de Amor

Imagen
Biblioteis convoca para o día 14 de Febreiro o I Concurso Internacional de Cartas de Amor ATRÉVESTE A PARTICIPAR NUNHA MARABILLOSA AVENTURA...? Presta atención: propoñémosche unha actividade diferente, divertida, que logrará aumentar os teus dotes de ligón/ona de turno... Escribir a máis sinceira e sublime carta de amor .  Ver as bases do concurso   Hai un fantástico premio esperándovos, así que... boa sorte na escritura , no concurso ... e no amor !!.

A frase do mes

Imagen
Neste mes de Xaneiro, como cada ano, vimos de celebrar o Día dos Reis Magos . Segundo a tradición,  hai uns 2000 anos, tres Reis Magos, guiados por un sinal no ceo, a Estrela de Oriente, puideron chegar ao lugar onde acababa de nacer Xesús para adoralo e entregarlle os seus agasallos. Pero...  Canto hai de lenda e canto de verdade científica ? Sábese que moitos  detalles desta historia foron engadidos ao longo dos séculos: os seus nomes, o seu número e incluso a raza do rei Baltasar... E qué hai da estrela?. Estudosos de distintas épocas preguntáronse pola natureza desde astro e propuxeron diferentes teorías sobre feitos reais que poideron dar orixe ao mito. O astrónomo Mark Kidger sostén a hipótese de que a Estrela de Belén puido ser unha sucesión de acontecementos astronómicos ocorridos durante dous anos: unha conxunción planetaria seguida da aparición dunha nova . Súa é a seguinte frase:   Vos convidamos a pensar sobre ela.