Unha recomendación de pensamento crítico: Indignádevos !

Factoría K vén de publicar Indignádevos!, a tradución ao galego do best-seller escrito polo nonaxenario francés Stéphane Hessel. O libriño, que en Francia leva facturados dous millóns de exemplares, é un chamamento á xuventude para que se rebele contra a actual «ditadura dos mercados» e contra a pasividade coa que a sociedade europea está a recibir os axustes impulsados polos Gobernos coa escusa da crise económica. O manifesto espertou unha gran polémica en Francia polas súas críticas ao Estado de Israel pola súa actuación no conflito palestino. O texto de Hessel está precedido na edición galega por un limiar de Manuel Rivas titulado A nova conquista do pan, no que analiza a necesidade da contestación cidadá á actual desidia de moitos segmentos da sociedade. O libro foi traducido ao galego por Fernando Moreiras. (Vía La Voz de Galicia)





Indignádevos é un libriño recén pubricado, breve panfleto político de alrededor de 30 páxinas que ven de ter un éxito inusitado na Francia popular sublevada contra a regresión social, un extraño éxito editorial nestes tempos de non demasiada lectura e un gran fenómeno social. A súa popularidade extendeuse como a pólvora grazas ao boca a boca e as redes sociais onde tivo unha grande popularidade, o texto, ninguneado ao principio polos medios de comunicación máis influintes... ¿casualidade?, conqueriu esquivar as censuras en Francia e encher de esperanza a miles de persoas indignadas coa situación actual. (Vía indignaos.com)


 
 
Stéphane Hessel,  declarase partidario da insurrección pacífica. En especial contra os medios de comunicación dominantes en mans do capital o do poder, e que só empurran aos ciudadans cara ao consumo, o desprezo á humildade e a cultura, o esquecemento xeneralizado e a unha competición despiadada de uns contra os outros. (Vía You Tube)

Reportaxe da TVE sobre "Indignaos"
 


OUTROS VÍDEOS SOBRE PENSAMENTO CRÍTICO:

 Voces contra la globalización, de TVE 2, a través de Xosé Saramago, Pérez Esquivel, Carlos Taibo, Eduardo Galeano, Jean Ziegler, José Vidal Beneyto, Sami Naïr, Ignacio Ramonet...


Unha interesante entrevista a Noam Chomsky sobre os medios de comunicación e a manipulación da opinión pública norteamerican.


El lavado de cerebro, de TVE2, sobre as técnicas de manipulación. Manipular as Emocións. Utilizar a seducción dos medios audiovisuais para a seducción...


Quen posúa os medios de comunicación dominará o mundo. Psicoloxía da Televisión. Influenza da propaganda.Poder do marketing e forzas propagandísticas.


Exemplos de éxito na loita contra as empresas multinacionais ("corporacións"). Extracto do documental chamado "La Corporación".

Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO