Dúas recomendacións de aventuras

Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións clásicas para o teu tempo de lecer.

Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas do seu xénero. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comezar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandoado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí.






As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E isto conséguese cunhas claves indispensables: a sátira, a ironía, a burla e o sarcasmo, a relatividade do punto de vista, a perspectiva, o argumento ferinte pero amablemente exposto... todo adobiado cun envexable sentido do humor. Para ver a versión en galego, preme aquí.



Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO