Calibre, xestor e conversor de libros electrónicos

Calibre é unha fantástica solución libre a todas as necesidades de xestión de libros electrónicos que inclue a xestión de bibliotecas, conversión de formatos, acceso a fontes de noticias.. etc. É gratuito, de código aberto e multiplataforma, é dicir funciona sobre Linux, OS X y Windows. Calibre naceu en outubro de 2006, pouco despois da presentación dos Sony PRS-500, o primeiro lector que empezou a utilizar e-tinta aínda que co nome de libprs500.

Características:

Calibre é un e-administrador da colección de libros. Dispón de un visor de documentos. Permite ter un catálogo persoal dos nosos libros electrónicos. Converte a maioría dos grandes formatos permitidos polos lectores de e-book. Permite buscar e obter en Internet os metadatos dos libros. Pódense descargar os periódicos a través de fontes RSS. (Vía: Universo Abierto)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aprender a crear

Hoxe recomendamos: Maus