Aprender a pensar

TED (Tecnoloxía, Entreteñemento, Deseño, do inglés: Technology, Entertainment, Design) é unha organización sen ánimo de lucro adedicada ás "ideas que vale a pena difundir" (do inglés: Ideas worth spreading).[1] TED é amplamente coñecida pola súa conferencia anual (TED Conference) e suas charlas (TED Talks) que cubren un amplo espectro de temas que incluen ciencias, arte e deseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía e desenvolvemento e ocio. Os conferenciantes incluen a persoas como o ex-Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton, os laureados co Premio Nobel James D. Watson, Murray Gell-Mann, e Al Gore, o co-fundador de Microsoft, Bill Gates, os co-fundadores de Google Sergey Brin y Larry Page e Billy Graham. (Ver máis en Wikipedia).

TED en español. Videoconferencias traducidas ao español deste portal da cultura, o pensamento e a tecnoloxía do século XXI.




Redes para la ciencia. O excelente programa de televisión de Eduardo Punset pon a disposición do internauta nesta páxina unha colección de vídeos sobre interesantes temas da actual investigación científica.

Comunicación. Canal temático de vídeos de You Tube sobre as múltiples formas de manipulación comunicativa. Interesante para reflexionar sobre a información que recibimos. Vídeos sobre a publicidade, o consumo, os mass media, vídeos de Chomsky, etc.


Alfabetismo en medios. Eduteka. Amplísima páxina de recursos e actividades para a alfabetización nos mass media e o desenvolvemento da capacidade crítica.

La publicidad (un enfoque crítico). Interesante e útil aplicación do ITE sobre a publicidade, onde se desvela de un modo moi didáctico os estereotipos e as intencionalidades da publicidade.
Banco semántico de webquest. As webquest son unha excelente ferramenta para aprender investigando e reflexionando sobre un tema. Nesta páxina tes centos delas, organizadas con un buscador, sobre todo tipo de cuestións, ademáis de ligazóns a aplicacións e outros recursos para crearlas ti mesmo.

Poder y manipulación informativa. Didáctico artículo de Aurora Labio na revista dixital Razón y Palabra sobre a manipulación informativa dende un pensamento crítico.

Chomsky e as 10 regras de manipulación mediática. O lingüista norteamericano Noam Chomsky elaboru a lista das “Dez Estratexias de Manipulación” a través dos medios de comunicación masiva, que reproducimos aquí e que van desde a estratexia da distracción, pasando pola estratexia da gradualidade hasta manter ao público na ignorancia e a mediocridade.

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO