16 feb. 2017

Os lectores do IES de Teis recomendan


Ana, de 3º de ESO, recomenda Un sol dentro de mí, da escritora viguesa Sonia Mirón.



"Es un libro que te enseña a ver la vida real desde el punto de vista de otra persona. Natalia, la protagonista, se tiene que cambiar de ciudad por el trabajo de su padre y tiene los problemas que podría tener cualquiera. Unas chicas le dicen que quieren ser sus amigas, pero al final solo la usan para lo que ellas quieren , hacen que deje de estar a gusto consigo misma y deja de comer. Consigue sobrevivir a este infierno gracias a su nuevo amigo, Miguel. como ya casi no habla con sus padres y casi no come, estos deciden hablar con Encarna, su vecina y enfermera. al final, Encarna se la lleva de vacaciones de verano al campo y allí vive con la familia de su hermana. En el campo, Natalia correrá grandes aventuras y descubrirá cómo le puede cambiar la vida en cuestión de segundos".



Ante todo, e en calquera circunstancia, coñécete ben. A bondade que hai en ti levarache a descubrir que en ti mesma tamén está a túa propia felicidade (Gabriel).

Dúas obras de Darío Fo na nosa biblioteca

"A sátira é a arma máis eficaz contra o poder: o poder non soporta o humor, nin siquera os gobernantes que se fan chamar democráticos, porque a risa libera ao home dos seus medos”

Xa podedes disfrutar coa lectura  de Darío Fo, autor dun teatro tan ameno e divertido coma comprometido e cargado de significado. Premio Nobel de Literatura en 1997, dedicou a súa vida e a súa obra á denuncia das inxusticias sociais e á crítica dos abusos do poder.
Nestes enlaces podedes coñecer algo máis sobre este interesantísimo autor, recentemente finado.  Mesmo podes ver vídeos con fragmentos de representacións súas obras.
http://www.elconfidencial.com/cultura/2016-10-14/dario-fo-obras-irreverente-critica-iglesia-politica-sexo_1274677/

http://www.elconfidencial.com/multimedia/album/cultura/2016-10-13/dario-fo-fotos-bufon-nobel-literatura_1274502#0

Estas son as nosas novas adquisicións:
Muerte accidental de un anarquista, a súa obra máis representada. Unha comedia delirante baseada nun feito real nada cómico, pero non menos delirante:

Lucrecia Borgia, la hija del Papa, unha novela baseada na increíble vida desta muller do Renacimento. Un mundo real con personaxes históricos que máis ben semellan de ficción.

26 ene. 2017

O Principiño

Hoxe recomendamos un clásico da literatura: O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry. Polas ilustracións e o xeito no que está escrito podería parecer un conto infantil pero, nada máis lonxe da realidade! O Principiño é unha metáfora da vida, o amor e a amizade e ofrécenos ensinanzas tan importantes coma estas:

«Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.»

«Todas as persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran).»

«Un raposo semellante a cen mil raposos. Pero eu fíxeno amigo meu e agora é único no mundo.»

«As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.»

«Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca vos preguntan nada esencial del. Nos vos din: "Como é a súa voz? Que xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas?" Non, as persoas maiores preguntan: "Cal é a súa idade? Cantos irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña o seu pai?" Pensan que soamente así o poden coñecer.»

Se aínda non tiveches o pracer de ler esta magnífica obra, non tardes! Achégate á biblioteca a por ela.




12 dic. 2016

O 30 de novembro concédeselle o Premio Cervantes a Eduardo Mendoza


Un novelista amante do misterio, do humor e dos protagonistas extravagantes que viven nas marxes da sociedade.


Na biblioteca do IES de Teis poderás encontrar algúns títulos do autor:Sin noticias de Gurb, a crónica dun extraterrestre enviado ao curioso planeta Terra para estudiar seus habitantes, e Misterio en la cripta embrujada, desternillante investigación dun misterio policiaco. Dúas divertidas opcións para as vacacións de Nadal




Tica aquí para ler a noticia completa.

21 nov. 2016

Os lectores do IES de Teis recomendan

Un libro para celebrar o 24 de outubro, día da biblioteca

video

25 abr. 2016

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA DO LIBRO 2016


Para conmemorar o día do libro 2016 no noso instituto celebraremos as seguintes actividades:

  • Exposición de cartelería sobre o día do libro.
  • Exposición conmemorativa do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra.
  • III Feira do libro usado do IES de Teis.
  • III concurso de microrrelatos do IES de Teis.
  • Entrega de premios do V Concurso de cartas de amor e lectura dos traballos gañadores.
  • Lectura colectiva de fragmentos de El Quijote.

¡ESPERAMOS QUE DITAS ACTIVIDADES SEXAN DO VOSO AGRADO!


GAÑADORES DO V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


Xa temos o fallo do xurado do V CONCURSO DE CARTAS DE AMOR.

OS PREMIOS ENTREGARANSE O MÉRCORES 27 DE ABRIL ÁS 12.00 NO SALÓN DE ACTOS.

¡NORABOA ÓS GAÑADORES!

CATEGORÍA A:
  • 1º PREMIO: ANA PORTAS VASCO (2º A)
  • 2º PREMIO: ESMERLIN TEJADA E DANIELLA AGUERREBERRY (2º B)
  • 3º PREMIO: AINOA MORENO (2º B)
CATEGORÍA B:
  • 1º PREMIO: MATEO GÓMEZ OTERO (4º ESO) E ANTÍA PEREIRA (4º PDC).
  • 2º PREMIO: NATALIA ABELLA GONZÁLEZ (ZM ESTÉTICA)
  • 3º PREMIO: M. CELESTE FERNÁNDEZ (ZM ESTÉTICA).

PREMIOS ESPECIALES.

IVÁN MONTENEGRO (4º ESO): POLA CALIDADE SUBLIME E ORIXINALIDADE DO SEU TRABALLO, E POLA SÚA TRAXECTORIA DE PARTICIPACIÓN EN TODOS OS CONCURSOS QUE DENDE AQUÍ ORGANIZAMOS. 

JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ VILLAR (2º ESO B): POLO SEU ESFORZO, INTERESE E TRABALLO E POLA CALIDADE DO SEU TRABALLO.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...